NOIA> O equipo redactor do PXOM de Noia traballa xa na revisión do documento co fin de introducir as correccións determinadas pola Xunta. Aínda así, a aprobación definitiva do documento pode demorarse máis aló dun ano en cumprimento dos prazos administrativos.
Como xa agardan dende o executivo noiés, trala aprobación inicial en marzo de 2016, a Xunta de Galicia vén de devolver o PXOM coas correccións a introducir para a súa aprobación definitiva. Ademais dos axustes na planimetría e no texto normativo nos que xa traballa o equipo redactor, o documento carecía dunha serie de informes sectoriais, imprescindibles para obter o visto bo.
Unha vez emitidos os informes e introducidos os cambios, o concello volverá a reunir á comisión de seguimento do PXOM antes de volver remitir o documento da Xunta. Será un proceso longo que podería prolongarse preto dun ano.