O PSOE denuncia na Fiscalía as ‘irregularidades’ nas facturas de Vilanova

    psoenafiscalia_100_031106.jpgPONTEVEDRA > Os deputados do grupo socialista na Deputación de Pontevedra levaron…

    … ante o fiscal a documentación referida ás supostas irregularidades en varias facturas de Vilanova e a expedición de diplomas por parte da Deputación.

    Varios deputados do PSOE, entre eles o vilanovés Rodrigo Santiago, acudiron esta mañá á fiscalía de Pontevedra para presentar sendas denuncias relacionadas co concello de Vilanova. Una delas fai referencia á duplicidade de facturas e outra á expedición de diplomas de asistencia a cursos para a muller dun concelleiro.

    Os dous temas foron levados ós últimos plenos da Deputación polo grupo socialista buscando unha explicación e pedindo a creación dunha comisión que investigase estes casos e outros semellantes que puidesen darse no ente provincial. O PP impediuno e o Psoe decidiu entón acudir ós tribunais para que estuden estes casos e diriman as posibles responsabilidades polos feitos denunciados.

    Redacción Salnés