Relixión, tradición e música mestúranse no programa das festas de Santa Baia

BOIRO> Boiro celebrará esta fin de semana as Festas patronais na honra de santa Baia. Ademais dos numerosos actos litúrxicos haberá venbena o venres e o sábado e un serán tradicional na tarde do domingo.

O venres arranca o programa de festas na honra de Santa Baia, patroa dos boirenses. As orquestras Gran Parada e Essencia srán as encargadas de ameizar a verbena nocturna o venres e o sábado. O domingo terá lugar a festa dos callos e posterior serán tradicional.

Ademais das actividades lúdicas destacan os oficios relixiosos con misa e procesión tódolos días, O luns na honra de Santa Baia, o martes San Roque, o mércores a virxe da Guadalupe e o xoves Santa Lucía, que congrega a un gran número de devotos.

O concello colabora activamente coa comisión de festas na organización de numerosos actos así como no apoio á contratación dos grupos, do espectáculo de fogos artificiais, unha charanga e demais actividades lúdicas.

Dende a Comisión agradeceron a implicación do concello así como a colaboración das empresas e os donativos de particulares que fan posible a celebración destas festas.