Seis mil euros para unha boa causa

POBRA> A organización do Torneo Solidario de Fútbol 8 da Pobra fíxolle entrega esta mañá á representante local da Asociación Española Contra o Cancro do cheque coa recadación do torneo. Julio Mariño, en calidade de coordinador e máximo responsable do torneo de fútbol base celebrado hai un par de semanas na Pobra, era o encargado de realizar a entrega do talón, por valor duns seis mil euros, á Asociación Española Contra o Cancro. Este era o fin solidario deste torneo: conseguir o máximo de fondos posibles para a entidade. Algo que se conseguiu grazas ó esforzo de todos. Por unha banda ás entidades públicas e privadas que coas súas aportacións fixeron posible o desenvolvemento do torneo, pero especialmente ós colaboradores da organización, un grupo de volultarios, sen os cales sería tamén imposible poder desenvolvelo. Dende a Delegación Local da Asociación Española Contra o Cancro agradeceuse o xesto que lle permitirá á entidade podenr seguir desenvolvendo diversos proxectos de investigación contra esta enfermidade. Apenas unas semanas despois da celebración do torneo, a organización xa se pon mans á obra a traballar nunha nova convocatoria para o ano que vén, pois no traballo está o éxito final.