O PP teme que Quintela minta sobre un accidente con fins partidistas

    VILAGARCÍA > O Grupo Municipal do PP pide que se fagan públicas as dilixencias abertas polo accidente de tráfico no que se viu implicado o fillo dun edil socialista de Vilanova. 

    O PP de Vilagarcía sospeita que o edil de Seguridade Cidadá mentiu sobre un accidente de tráfico con fins partidistas. Tomás Fole refírese a un sinistro rexistrado a pasada fin de semana con versións distintas por parte de Alejandro Quintela e da Policía Local. O edil popular indica que os axentes que acudiron ó lugar, os afectados e testemuñas do accidente aseguraron que o conductor dun dos coches implicados se deu á fuga, cousa que negou Quintela.

    O PP pide polo tanto que se fagan públicas as dilixencias abertas sobre o accidente para aclarar os feitos xa que temen que dende o Concello se estea ocultando un delito, a omisión de auxilio. Dáse a circunstancia de que o mencionado conductor é fillo do edil socialista de Vilanova e deputado provincial Rodrigo Santiago, polo que o PP se pregunta se Quintela faltou á verdade con fins partidistas, e para tapar a conducta posiblemente delitiva do fillo dun compañeiro de partido.

    Redacción Salnés