Melloras na drenaxe restrinxirán o tráfico na Autovía do Salnés

    autovia copia100.jpgSALNÉS> A execución de gabias drenantes baixo o firme para guiar a auga cara os desaugues, rematará o vindeiro 4 de febeiro.

    A partires de mañá, restrinxirase o tráfico no quilómetro 8 da autovía do Salnés, concretamente na calzada dereita, dirección Sanxenxo. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas comezará na zona labores de mellora do sistema de drenaxe, para mellorar a evacuación de auga que actualmente aparece na calzada. Os traballos consistirán na execución de gabias drenantes baixo o firme, que guiarán a auga cara os elementos de desaugue.

    Por mor destes traballos, os vehículos unicamente poderán circular en dous dos tres carrís que a calzada dereita da autovía ten nesa zona. O corte afectará ós carrís central e dereito, polo que só quedará aberto ó tráfico o carril esquerdo.

    Dende a Consellería calculan que os traballos estarán rematados o vindeiro día 4 de febreiro. Ata entón, e mentres permanezan pechados os carrís, manteranse paneis informativos para os usuarios.

    Redacción Salnés