Fomento e Cultura financiarán as actuacións nas Torres do Oeste

    visita_louro_catoira100.jpgCATOIRA> O Delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro estivo en Catoira esta mañá para coñecer o estado dos proxectos do Plan E.

    {flowplayer}images/salnes/louro_en_catoira.flv{/flowplayer}

    CATOIRA> O Delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro estivo en Catoira esta mañá para coñecer o estado dos proxectos postos en marcha polo fondo Estatal de Inversión Local. Estivo acompañado polo Subdelegado de Goberno, Delfín Fernández e polo alcalde de Catoira, Alberto García.

    Un total de seis proxectos foron posibles en Catoira co primeiro fondo posto en marcha polo Ministerio de Política Territorial en 2009, o Fondo Estatal de Inversión Local. Sumando unha inversión de case 700.000 euros e 33 persoas contratadas.

    O Delegado de Goberno en Galicia, Antón Louro visitou o entorno das Torres do Oeste para coñecer de preto, mediante planos e maquetas tódalas actuacións que está previsto leve a cabo o Concello, para poñer en valor a xoia do patrimonio de Catoira. Está previsto financiar estas obras polos Ministerios de Fomento e Cultura na Comisión Mixta do 1 por cento Cultural. Será nas vindeiras semanas.

    O Concello de Catoira beneficiarase amais do acondicionamento e a conservación ambiental do entorno, dun centro de día, cunha inversión de mais de trescentos vinte mil euros. O que respecta á inversión en gasto social, destinarase á escola infantil municipal, onde corenta e un usuarios sairán beneficiados.

    O Ministerio de Medio Ambiente está executando o proxecto “Senda de acceso ao muíño de mareas de O Cura e a conexión ca praia fluvial” e xunto co Ministerio de Medio Rural e Mariño prevén unha inversión de mais de cento corenta e cinco mil euros, para a mellora da infraestrutura viaria en Coaxe.

    Redacción Salnés