O centro de atención a discapacitados entrará en funcionamento en 2007

    centrodiscapacitadospobra_100_101106.jpgPOBRA > Isaac Maceiras confía en que as obras do centro de atención integral a persoas con discapacidade poidan estar rematadas antes de final de ano.

    Dende o ano 2000 o executivo pobrés viña estudando as posibilidades para conseguir un Centro de Atención Integral á Discapacidade. O proxecto dou un paso moi importante coa adquisición do inmoble da antiga Axudantía de Mariña na zona. Con todo, e despois de realizar varios estudos, chegouse á conclusión de que o vello edificio non cumpría os requisitos necesarios para albergar un centro destas características polo que se decidiu facer un novo proxecto e construir un novo.

    O edificio unha vez rematado constará de espazos moi amplos para diversas aulas, así como despachos e unidades de atención. O proxecto ten un custe de algo máis de 440 mil euros, dos que un 86% foi aportado polo programa Proder II e o resto pola Consellería de Asuntos Sociais. Unha vez entre en funcionamento o centro atenderá a persoas de ata 18 anos de idade de toda a comarca do Barbanza, e nel traballarán un psicólogo, dous pedagogos, un fisioterapeuta, un traballador social, unha educadora familiar e monitores de varias disciplinas.

    Redacción Barbanza