Angueira augura ‘unha nova era’ para Pontecesures

    ANGUEIRA_BASTON copia.jpgPONTECESURES> O nacionalista Luís Álvarez Angueira augurou unha nova era para Pontecesures no día que recuperou o bastón de mando.

    {flowplayer}images/salnes/pontecesures_investidura.flv{/flowplayer}

    PONTECESURES> O nacionalista Luís Álvarez Angueira augurou unha nova era para Pontecesures no día que recuperou o bastón de mando do Concello.

    E deullo precisamente a persoa que llo arrebatou hai catro anos, a rexedora saínte Maribel Castro. Visiblemente emocionado e entre os aplausos do público, Angueira comprometeuse a traballar por Pontecesures, xunto cos seus socios PSOE e Terra Galega.

    Logo de xurar ou prometer os seus cargos de concelleiros, os membros da corporación de Pontecesures votaron a man alzada por dous candidatos á alcaldía. Primeiro por Luís Álvarez Angueira que obtivo, como se esperaba, os seis votos do tripartito baixo un sonoro aplauso da bancada. O outro candidato, o popular Juan Manuel Vidal Seage logrou só cinco, contando os de IP e ACP.

    Antes de ceder o bastón de mando, Maribel Castro agradecía o apoio dos traballadores municipais e pedía ó novo goberno que respectara os proxectos que deixa pendentes. O nacionalista Álvarez Angueira recupera unha alcaldía que xa ocupara entre os anos 1999 e 2007.

    Redacción Salnés