Telmo Martín promete converter Pontevedra nunha ‘cidade líder’

    PONTEVEDRA > Na súa presentación oficial como candidato á alcaldía de Pontevedra polo PP, Telmo Martín recibiu o apoio de tódolos compañeiros de partido e dos cargos máis importantes dentro do partido. Non faltaron os representantes provincial, autonómico nin estatal. Convencidos da próxima victoria do novo candidato, Martín prometer traballar por lograr que Pontevedra chegue a ser unha gran urbe.

    telmopp_300_131106.jpgNon faltou ninguén. Ó acto de presentación do candidato á alcaldía de Pontevedra polo Partido Popular, Telmo Martín, acudía esta fin de semana toda a plana maior do Partido. Dende o presidente da Deputación pontevedresa, Rafael Louzán, ata o Presidente do PP nacional, Mariano Rajoy. De todos non recibiu máis que boas palabras e os mellores consellos. Louzán destacou de Telmo a súa cercanía e transparencia e asegurou que coa súa candidatura se está a dar un paso adiante para lograr un proxecto sólido, democrático e claro para a cidade. ‘Aválano -afirmou- oito anos de excelente xestión en Sanxenxo’.

    Nas distintas intervencións non faltaron as críticas ó actual goberno pontevedrés ó que se acusou de sectáreos e de incumplir as promesas electorais. Alberto Núñez Feijoo dixo que cadrando co ‘veranillo de San Martín’ que ‘a todo Lores lle chega o seu Telmo Martín’. No seu relevo no discurso Telmo referiuse a Mariano Rajoy coma o talismán que lle deu sorte coa súa presenza en tódalas eleccións ás que se presentou como candidato e prometeu traballar 24 horas ó día se fose preciso por Pontevedra ata convertela en líder, opinión compartida por Rajoy, convencido de profesionalidade do candidato. 

    Tralo discurso, no que houbo críticas ó goberno autonómico (centradas na falta de celeridade nas axudas a mariscadores e afectados pola vaga de lumes do verán) e tamén ó goberno central (polas negociacións con ETA), as cabezas visibles do Partido despediron o acto de presentación subidos ó palco.

    Redacción Salnés