O comité clínico realizará un novo cribado na Illa e non diminuirá as restricións en Cambaddos ata que se estabilicen os casos

A ILLA, CAMBADOS> Preocupación na xerencia da área sanitaria Pontevedra O Salnés polo alto número de contaxios por covid na Illa de Arousa. O comité clínico traballan xa para realizar un segundo cribado. Dende a xerencia tamén sinalan que no diminuirán as restricións en Cambados ata que os datos se estabilicen.

O xerente da area sanitaria Pontevedra o Salnés mostrou a súa preocupación pola alta incidencia de contaxios na Illa de Arousa. A vila rexistrou hoxe un novo positivo máis acumulando xa 103 casos activos. O cribado realizado o sábado entre mozos e mozas de 15 a 24 anos arroxou un dato esperanzador cun só positivo. Por elo, dende o comité clínico traballan xa na realización dun novo cribado entre unha franxa de idade máis ampla.

A Illa atópase no nivel máis alto de alerta sanitaria para os concellos con menos de 10 mil habitantes. Unhas restricións que son menos estritas que nos concellos que teñen máis habitantes.

Con máis habitantes e maiores restricións atópanse os concellos de Sanxenxo, O Grove e Cambados. Todas as vilas están rexistrado descensos de casos activos nas últimas datas. Sanxenxo ten na actualidade corenta casos e Cambados 31. A pesar da baixada, dende o comité clínico non consideran que as vilas cumpran coas condicións para diminuír as restricións. Segundo o xerente do Sergas a decisión baséase en tres puntos: incidencia acumulada, porcentaxe de pcrs positivas nas últimas datas e presión hospitalaria. Seguindo estes criterios, o comité mantén a Cambados no nivel máximo. Unha decisión que non gustou no goberno da vila.

No resto de concellos do Salnés, Vilanova, Ribadumia e Meis continúan no nivel básico de restricións sen apenas casos activos. Vilagarcía e Moaña rexistran pequenos descenso e se manteñen no nivel medio alto de alerta sanitaria.