Os GDR Salnés-Ulla-Umia e Deloa únense para promocionar os viños da IXP do Barbanza e Iria

PADRÓN> Os GDRs Salnés Ulla Umia e Deloa xa traballan para poñer en marcha varias actividades para promocionar os viños da Indicación Xeográfica do Barbanza e Iria. Esta mañá, representantes dos dous grupos reuníronse en Padrón para coordinar esforzos e organizar a programación proposta.

Unha das iniciativas é a celebración de dúas xornadas de dinamización, unha por cada territorio dos GDR que participan. Na do GDR Salnés Ulla Umia estarán representados os concellos de Catoira, Valga e Pontecesures; mentres que no caso da do GDR Deloa, participarán os concellos da Pobra, Boiro, Rianxo, Ribeira, Porto do Son, Padrón e Dodro.

Tamén está previsto a celebración dun túnel do viño no que participen os viños das indicacións xeográficas protexidas de Galicia. A proposta incluiría catas comentadas dirixidas a profesionais e consumidores finais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí