Un pescador de Meis captura un congro de 40 quilos

    congro_40kg_100.jpgMEIS > 1.90 cm de lonxitude e 40 quilos de peso. Son as medidas do congro, ao que lle ganou a batalla José Ferro.

    {flowplayer}images/salnes/CONGRO_40KG.flv{/flowplayer}

    MEIS > 1.90 cm de lonxitude e 40 quilos de peso. Son as medidas do congro, ao que lle ganou a batalla José Ferro. Este pescador de Meis, acompañado por un amigo, o seu fillo e o xenro, utilizou sardiña como cebo, para facerse onte coa peza que espertou o interese de tódolos medios de comunicación esta mañá.

    Paciencia, calma e moita afección é o que fai falla para practicar a pesca. Como di José Ferro, non sempre se da tan ben como este fin de semana. Venres, sábado e domingo, Ferro estivo no porto de Vilaxoán co seu fillo, seu xenro e o seu compañeiro de cana, Gabriel Portela. Non imaxinaban que a derradeira peza, o domingo a noite, sería de tales dimensións.

    Dende terra non é doado loitar cun animal desta envergadura, e xa non é a primeira vez que a Ferro lle custa algunha ferida, sen embargo, ca axuda do seu amigo Portela, o rei, segundo o pescador, conseguiron este fin de semana varias pezas mais, de entre 12 e 20 quilos. Abundante menú para celebralo o sábado que vén. Atrapar a este habitante do Porto de Vilaxoán, cal monstro do Lago Ness, custoulle ao pescador de Meis ben pouco, no que se refire a cartos, un euro e medio.

    José Ferro tomará esta semana de descanso, asegura que non pensa volver a pescar ata o fin de semana… xa bastante traballo ten sacando a espiña e limpando a captura.

    Redacción Salnés