A Illa celebrará a súa primeira semana do ‘Orgullo Mar e Cons’

A ILLA> ‘Orgullo Mar e Cons’ para dar visibilidade ao colectivo LGTBIQ+ na Illa de Arousa. A vila celebrará por primeira vez a súa semana do orgullo. Será 4 días de actividades culturais para concienciar á veciñanza na igualdade e no respecto. O día principal será o 15 de xullo cun percorrido por tódolos chiringos da Illa. 

A Illa de Arousa gozará da súa primeira semana do orgullo. Baixo o nome de ‘Orgullo Mar e Cons’, a asociación Polari en colaboración con concello presentan unha serie de actividades para dar visibilidade ao colectivo LGTBIQ+.

Dende a Asociación Polari buscan concienciar á poboación en valores como o respecto e a igualdade. Ademais de permitir aos artistas da vila a que mostren as súas obras na Illa sen necesidade de achegarse a outras vilas.

A semana do orgullo da Illa terá lugar do 13 ao 16 de xullo. O día 13 comezarase con actividades de sensibilización para nenos e nenas e pola tarde unha mesa redonda de debate da situación do colectivo na Illa. O día 14 terá lugar a proxección dunha película a inaugurarase a exposición Diálogos do Eu.

O día 15 realizarase un dos actos principais da semana do orgullo. Un percorrido polos chiringuitos da vila con música e actuacións.

E a programación pecharase o día 16 co primeiro torneo do orgullo de xadrez organizado pola asociación Dorna con 80 prazas e sen límite de idade. Dende Polari advirten que a programación aínda pode ampliar con novidades nas que están traballando.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí