TVSB aposta polos máis pequenos na súa programación

    maggiebestiaferoz_100_180107.jpgCORPORATIVO > TeleSalnés Barbanza aposta polos máis pequenos recuperando, logo de varios anos, a emisión de debuxos animados.

    maggiebestiaferoz2_200_180107.jpgTódolos mediodías ás 13:45, e tódalas tardes, ás 19:55, o público infantil terá unha cita con esta canle que comezará por emitir os capítulos de ‘Maggie y la bestia feroz’. Baseada nos libros infantís de Betty e Michael Paraskevas, Maggie e a besta feroz transcorre nun lugar imaxinario chamado Terra de ningún lugar. É un sitio onde a nosa heroína, de tan só 5 anos, debuxou un mapa de onde obtén os seus peluches favoritos, Hamilton Hocks e a besta feroz. Maggie quere tanto á besta e a Hamilton que creou todo un mundo para explorar.

    Xuntos, subirán as montañas máis altas, cruzarán os desertos máis grandes e divertiranse moito. Ó abeiro do convenio con Onda Nós (a agrupación de televisións locais independentes de Galicia) comézase coa emisión desta serie de luns a venres ás oito menos cinco da tarde e en redifusión ás dúas menos cuarto. Telesalnés Barbanza aposta por este xénero acolléndose así á suxestión da normativa europea da Televisión sen fronteiras.

    maggiebestiaferoz3_200_180107.jpgNo futuro iranse ampliando este tipo de emisións sen esquecernos, por suposto, dos outros públicos. A telenovela ‘Yago, pasión morena’ continúa na grella ás cinco e media da tarde e, para todos aqueles que se perderan o seu comezo, empeza a emitirse dende o primeiro capítulo a partir das oito e media da tarde.

    Redacción Salnés