BARBANZA> O último parte facilitado por Sanidade en relación ós casos activos por covid na área Santiago–Barbanza volve a evidenciar un importante incremento no número de positivos.
Trinta e un máis ca onte. A cifra total de contaxios sitúase hoxe nos 689. Aumenta tamén significativamente o número de pacientes hospitalizados. Hoxe vinte e cinco, seis mais ca onte, dos que dous permanecen ingresados na unidade de críticos.
O número de altas rexistradas nas últimas 24 horas foi de corenta e dúas persoas, sendo o total dende o inicio da pandemia de 2.318. O número de PCR’s realizadas sitúase xa por riba das cincuenta e nove mil.