Prevenidos e..acción! Os nenos, pequenos directores a través do móbil

    mobil100ok_020907_001.jpgVILAGARCÍA > O Liceo Casino de Vilagarcía organizou un concurso de curtametraxes na que os participantes son nenos de primaria … ...de varios institutos da comarca. Durante 1 día deixaron as materias habituais e convertéronse en cámaras, actores e directores. A novidade engadida nestes obradoiros é que as gravacións das secuencias  fanse con móbiles de última xeración. Hoxe fómonos ata o IES Cotarelo Valedor de Vilagarcía para comprobar cómo foron as sesións de rodaxe. 

    Nin matemáticas, nin lingua, nin francés,  hoxe os estudios son de cine. A través dun móbil, nenos de primaria enfundáronse en profundas historias  para levalas á pequena pantalla

      Da man dunha guía aprenden a facer os créditos dunha curtametraxe, definir que fai o cámara, un director, un productor e mesmo converterse en actores por un día.   A imaxinación no cine non ten fronteiras, os pequenos son conscientes deso  e usan todo o que teñen o seu redor para facer unha secuencia o máis real posible como a caracterización das personaxes ou a interpretación propia de auténticos profesionais.    Unha bonita experiencia que axudou a que os máis pequenos se familiaricen co trabalo que se fai destras e diante das cámaras. Sen dúbida un día inesquecible. Pero coma sempre todo o que ten un comezo ten un final.

    Redacción Salnés