PONTEVEDRA> Unha onda de roubos está sucedéndose o longo da provincia de Pontevedra. En Caldas a óptica Beiramar foi asaltada rompendo o peche da porta de entrada. Os ladróns levaron 190 monturas, 150 gafas e 37 caixas de lentes de contacto. A empresa Embellecimientos Jardín Galicia do concello de Portas tamén recibiu unha mala visita que lle custou o seu dono un BMW valorado en 72.000 euros.
Misael Fernando propietario da empresa Embellecementos Jardín Galicia de portas foi víctima do roubo do seu propio coche nas súas instalacións. Foi arredor das dez da mañá cando, aproveitando un despiste da súa muller, os ladróns se fixeron co seu BMW 530dm valorado en 72.000 euros.
O vehículo con matriculo 3010- DLG de cor gris escuro situábase dentro das instalacións da fábrica da empresa. A muller entrou uns segundos o interior da tenda deixando as chaves postas, cando saíu o coche non estaba. Esta mañá chamaba unha veciña de Vigo alertando que había atopado o bolso tirado nunha beirarrúa da cidade. Un roubo que segundo a víctima tiñan que ter moi preparado.
A partir de agora en Embellecimientos Jardín Galicia tomarase medidas para que non volva ocorrer algo parecido. En poucos días instalaranse unhas cámaras de vixilancia e se dotarán as instalacións de alarmas.
Redacción Salnés