CCOO non asina o novo convenio do sector da conserva e culpa a UXT e á CIG de traizoar aos traballadores

VILAGARCIA> A valoración da CIG contrasta totalmente coa de CCOO. Dende este sindicato sinalan que o acordo asinado pola CIG e Uxt é unha traizón a todas as traballadoras e traballadores que se manifestaron durante estes meses. Segundo CCOO con este convenio non se rematará coa fenda salarial e se deixa nunha condicións precarias aos traballadores dos fins de semana. No seu caso, advirten, non pararán coas mobilizacións.

O sindicato de CCOO foi o único dos sindicatos que non asinou o preacordo polo novo convenio do sector da conserva. Dende a central sindical sinalan que este acordo non avanza en dereitos para os traballadores nin remata coa fenda salarial. Advirten que se a patronal pon trabas á comisión técnica, as mulleres continuarán cun salario inferior ao dos homes.

Tamén critican a carta quenda, denunciando que os traballadores novos quedarán cunhas condicións precarias e que os empresarios acabarán forzando ao resto de empregados a traballar as fins de semana e os festivos.

Por estas dúas cuestións consideran que o acordo é unha traizón aos traballadores e traballadores e sinalan directamente á CIG e a UXT.

No caso de CCOO si que continuarán coas mobilizacións previstas. Mañá manifestaranse en Boiro e piden o apoio dos traballadores e traballadoras sindicatos tanto en UXT como na CIG para que non se acepte este preacordo e continúen as negociacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí