O Salnés inundado

SALNÉS > As fortes chuvias que caeron na comarca do Salnés a finais de 2006 provocaron serias inundacións e riadas que afectaron a bo número dos seus concellos e mais a outros de comarcas próximas. Sen dúbida o que levou a peor parte foi Vilagarcía de Arousa. Tamén O Grove, Cambados, Meis ou Caldas se viron coa auga ata o colo. Na selección fotográfica que lles amosamos a continuación poden ver tan só unha pequena parte das imaxes máis representativas que recolleron as cámaras de Telesalnés – Barbanza durante a traxedia e os días posteriores.

afectadagrove_200.jpg 

 Nalgúns concellos algunhas familias quedaron sen a súa  vivenda. É o caso desta veciña do Grove á que a riada lle levou literalmente a casa por diante.

 Como medida preventiva, moitos comercios optaron por utilizar diversos métodos ‘artesanais’ para frear a entrada da auga.

barreirascomerciantes_200.jpg 

 caldasriadas_200.jpg

 En Caldas a auga apoderouse das rúas converténdoas en auténticos canais.

 A cantidade de auga caída foi tal que cando baixou o seu nivel quedaron estampas coma esta: algún coche que flotaba coa marea quedaba pendurado do valado do río do Con.

 cochecon_200.jpg

 cochesocavon2_200.jpg

 A Vía de Alta Capacidade do Salnés viuse seriamente prexudicada. Na noite das chuvias máis intensas abriuse un gran burato á altura de Meis no que caeu un coche dos operarios da CPTOPT. Cando acudía ó seu rescate, unha patruclla da Garda Civil precipitouse tamén.

 O desta fotografía é o momento no que o coche da Garda Civil está a piques de precipitarse.

 cochesocavon_200_281106.jpg

 dragadoriocon_200_301106.jpg

 O río do Con precisou ser dragado logo das inundacións para que non volvese desbordar.

 Ata a ‘zona cero’ achegáronse numerosas autoridades para comprobar o estado do lugar e comprometer diversas axudas.

 fernandezdelavega_041206.jpg

 garaxeogrove_200.jpg

 Un garaxe no Grove presentaba este aspecto ó día seguinte das inundacións. O día anterior a auga cubríao por completo ata o teito.

 Así amencían as aulas dun colexio caldense.

inundacion_caldas_200.jpg 

 inundacionsmeis_200.jpg

 Tampouco Meis se librou das consecuencias da auga. Un taller de coches converteuse nunha piscina.

 O párking da Praza de España de Vilagarcía foi o que deixou unha das imaxes máis impactantes do día despois. A auga cubriuno por completo. Ningún dos seus andares quedou a salvo.

 parkingpraespana_200.jpg

 riadameis_200_251006.jpg

 As estradas foron algunhas das estruturas máis prexudicadas. O asfalto viuse moi resentido como consecuencia da auga.

 Fíxose preciso o uso de motobombas para achicar auga. Especialmente no caso de garaxes e baixos.

 riadas_cascovilagarcia_200_291106.jpg

 riadascambados_200.jpg

 Nas inmediacións da Praza de Abastos de Cambados numerosos coches quedaron atrapados no medio da auga mentres circulaban.

Dous días despois das riadas logrouse o acceso ó segundo andar dun garaxe privado de vilagarcía que aínda tiña coches dentro. 

 riadasgaraxes2_200.jpg

 riadasgaraxes3_200.jpg

 A unión entre os veciños fixo a forza para poder sacaren dos baixos e garaxes os seus coches. Iso si, totalmente inservibles.

 A cantidade de vehículos perdidos por mor destas inundacións cóntanse por miles.

 riadasgaraxes_200.jpg

 afectada_200.jpg

 Esta veciña da Laxe en Vilagarcía protagonizou un dos episodios máis emotivos do acontecido. Tras quedar sen vivenda e expoñer o seu caso en televisión na nosa redacción recibimos centos de chamadas solidarias ofrcéndolle a súa axuda.

 Aínda que non o pareza, o interior do vehículo de alta gama que ven na imaxe non tiña nin sequera un ano de compra.

 interiorcoche_200.jpg

 sacosarea_dragado_200.jpg

 En previsión de novas chuvias intensas deuse en colocar enormes sacos de area nas marxes do río do Con.

 Durante días traballaron a reo pequenos tractores para desfacerse das toneladas de lodos acumuladas.

 tractor_200.jpg

 cocherio_200.jpg

 Algúns tiveron que agardar a que pasasen os días ata daren cos seus coches perdidos…

   
 Redacción Salnés