A Casa da Xuventude de Ribeira estará en marcha antes de fin de ano

    casaxuventuderibeira_100_190107.jpgRIBEIRA > O alcalde de Ribeira interesouse polo estado das obras da futura Casa da Xuventude.

    As novas instalacións, ubicadas na zona das Abesadas, darán cabida a diversas actividades formativas e de ocio para á mocidade. Ó mesmo tempo, servirán como albergue xuvenil para facilitar o intercambio con mozos doutras localidades.

    O rexedor ribeirés puido comprobar ‘in situ’ o estado en que se atopan as obras das futuras instalacións municipais, ubicadas nunha parcela da zona das Abesadas, ó lado do Colexio Galaxia. Os operarios da construción informaron ó alcalde de que os traballos marchan a bo ritmo polo que se prevé que a nova Casa da Xuventude estea rematada para o mes de novembro.

    Edificio emblemático

    A actuación, presupostada en 862 mil euros, contempla a construción dun inmoble dunha única planta cun moderno deseño que pretende facer da casa da Xuventude un edificio emblemático para a cidade. Así mesmo, acometerase a urbanización e axerdinamento do entorno.

    A posta en marcha destas novas instalacións permitirá incrementar a oferta de ocio xuvenil que, ata o de agora, vén deseñando ó concello. O edificio destinarase ó desenvolvemento de actividades para a mocidade tales como obradoiros, charlas ou exposicións. Ademais da súa compoñente lúdica, habilitaranse varios espazos para a formación nos que se impartirán cursiños en diversas materias de interese para os mozos do concello.

    Está previsto ademais que se habiliten varias estancias como dormitorio para que a Casa de Xuventude poida desenvolver as funcións de albergue. O obxectivo do concello é promover os intercambios culturais a nivel nacional e internacional.

    Redacción Barbanza