A Escola Obradoiro ‘Nordés’ entrega canoas á Escola de Piragüismo

    A ILLA > A escola Obradoiro Nordés do concello da Illa fixo entrega esta mañá a Escola do Clube de piragüismo de 9 canoas e unha lancha á asociación de embarcacións amigos da Dorna. No acto, estivo o conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, quen se comprometeu a …

    ricardovareladorna_260107.jpg…ampliar a escola se aumenta a demanda e se lle presenta un proxecto interesante. O da foto é o momento no que o conselleiro de Traballo descubría a embarcación que na escola obradoiro Nordés fixeron algúns dos alumnos que a integran.

    Foi para a asociación Amigos da Dorna. En dous meses e medio realizaron tamén estas nove canoas que foron entregadas ó club de piragüismo do municipio. A escola, que custou 800.000 euros botou a andar fai tan só seis meses e medio e está composta por 45 alumnos dos que 44 son mulleres entre as que hai tan só un home.

    O conselleiro amosou a súa predisposión para axudar a ampliar a escola tal e como lle solicitou o alcalde, Manuelcanoas_200_260107.jpg Vázquez, durante a visita. Delas destacou unha dobre utilidade: por un lado serven para dotar de recursos para uso e disfrute dos veciños e doutro axudan a insertar no mercado laboral ós seus alumnos.

    Redacción Salnés