Poio inaugura tres parques infantís na Caeira

    caeira100_111208.jpgPOIO > O Concello de Poio inaugurou hoxe a rede de áreas de xogo infantís da Caeira. No acto participaron o alcalde …

    {flowplayer}images/salnes/areas_xogo_caeira.flv{/flowplayer}

    POIO > O Concello de Poio inaugurou hoxe a rede de áreas de xogo infantís da Caeira. No acto participaron o alcalde Luciano Sobral e maila directora xeral de Administración Local Matilde Rodríguez. No proxecto ambas administracións investiron un total de 217 mil euros.

    A rede de parques da Caeira componse de tres espazos, dous deles comunicados a través dunha senda peonil formada por unha escaleira que salva o desnivel do terreo. No primeiro dos parques, instalouse unha pista de baloncesto e fútbol sete, un parque biosaudable e mesas para xogar ó ping pong, ó xadrez e ó parchís. O segundo recolle diversos xogos infantís, ó igual que o terceiro, no que ademais se recuperou unha carballeira. Nestes traballos investíronse 217 mil euros, financiados en parte pola Xunta. Nas áreas da Caeira respetáronse cinco antigas minas de auga, que foron protexidas para evitar caídas.

     O acondicionamento do terreo, con importantes desniveis, fixo incrementar a partida achegada polo Concello. O Concello de Poio dispón dunha media de sete áreas de xogo infantís por parroquia e ten en proxecto aumentar os parques de Ferreirós e da Seca.

    Redacción Salnés