Noia estrea nova web de turismo

NOIA> Noia estrea web de turismo para consolidar a súa estratexia de promoción de cara ó Xacobeo. A páxina ofrece toda a información necesaria para descubrir os principais espazos turísticos da vila. A web presenta tamén un apartado para que a hostalería local poña en valor os seus servizos.

O edil de Cultura, José Pérez, foi o encargado de presentar a nova web de turismo coa que conta o municipio: noiaturismo.com. Con ela preténdese dar un paso máis de cara a converter a vila nun destino turístico de peso en 2021, aproveitando o tirón do Xacobeo.

Na páxina ofrecése toda a información turística nun mesmo espazo online, incluíndo contido multimedia e a súa xeolocalización exacta, que inclúe ademais a axenda turístico-cultural do municipio.

Outra das novidades radica en que a web incluirá unha sección específica para o sector hostaleiro.

A páxina está dispoñible en tres idiomas: castelán, galego e inglés e está pensada para que poida visualizarse tamén en dispositivos móbiles e tablets.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí