Caride anuncia que a VAC podería estar aberta antes de Semana Santa

    SALNÉS > A vía de alta capacidade do Salnés podería adiantar a súa entrada en servizo a finais do mes de marzo se a climatoloxía continúa acompañando como ata o de agora. A conselleira de Obras Públicas, María Xosé Caride, anunciou ademais esta mañá que o corte do tráfico no tramo Pontevedra a Ribadumia se realizará o vindeiro martes.

    visitacaridevac_200_290107__still_002.jpgFíxoo hoxe durante a visita ás obras de substitución dos tubos galvanizados de drenaxe da Vía do Salnés e a instalación dos novos de formigón de maior tamaño. Á vista do bo ritmo co que se están a realizar as obras, facilitado pola climatoloxía das últimas semanas, a Vía do Salnés podería abrirse novamente ó tráfico na súa totalidade ó longo do mes de marzo, antes da Semana Santa.

     

     

     

    visitacaridevac2_200_290107__still_004.jpg

    O martes da vindeira semana pecharíase ó tráfico a vía no tramo que vai da PO 531 a Ribadumia que permanecería pechada, de ir todo ben, ata finais de marzo. Quince días antes teríase aberto ó tráfico xa o tramo que vai de Ribadumia ata Sanxenxo no que se está a traballar agora. Actualmente hai xa oito tubos cambiados no treito cortado ó tráfico que virían a engadirse ós outros seis cambiados con anterioridade de urxencia no primeiro treito, entre a PO-531 e Ribadumia. As obras máis complexas, son as que visitou hoxe a conselleira onde se construíron marcos con maior capacidade de drenaxe.

    Reunión cos alcaldes

    reunionalcaldescotop_200_290107__still_001.jpgTrala visita ás obras, María José Caride trasladouse á sede da Fundación Comarcal do Salnés, en Cambados, para manter unha xuntanza cos alcaldes da comarca. A conselleira informounos do estado das obras de reparación da vía e das previsións de apertura que foron acollidas con relativa satisfacción por parte dos rexedores municipais. A reunión que mantivo a conselleira cos alcaldes do Salnés foi valorada positivamente dende o punto de vista da redución dos prazos.

    Malia todo os alcaldes afectados continúan mantendo algunhas queixas xa que consideran que nunca se debeu ter cortado tanto tampo. No caso do Grove, Miguel Pérez, volveu pedir á Consellería que xa que o municipio do que é rexedor foi un dos máis prexudicados economicamente polo peche da VAC que, polo menos, se aumente a sinalización polas vías alternativas para que os turistas non se perdan. A isto engádenlle ademais o retraso nas obras de desdobramento da Vía do Salnés que no canto de estar rematada en febreiro de 200 aprázase ata o verán dese ano.

    Redacción Salnés