CAMBADOS> Cambados denuncia as pintadas realizadas no Muíño da Seca. Dende o goberno local mostran o seu malestar por un acto vandálico realizado sobre un monumento municipal. Piden colaboración para atopar a uns delincuentes que se enfrontarían a penas de ata 3 anos de cárcere e 150 mil euros de multa.
O concello de Cambados espertou o luns cun novo acto vandálico. Os delincuentes escolleron esta vez o Muíño da Seca para realizar un debuxo que causa un gran dano nun dos catro monumentos da vila do albariño. O concello xa denuncio os feitos ante a Garda Civil.
Ao estar declarado como monumento, a pintada supón un delito. Cuxa sanción será catro veces o custo da restauración do edificio.
O concello mostra a súa preocupación polos continuos actos vandálicos que está sufrindo a vila con pintadas, por exemplo, nas igrexas da Pastora e de San Bieito. Pero a gravidade do debuxo do muíño é aínda maior, xa que a estrutura está composta por pedras especias da zona e a súa restauración será moi complicada.
O concello tamén pide aos mozos e mozas que queiran facer debuxos nas rúas que se poñan en contacto con eles para seleccionar as zonas adecuadas onde facelo. Ademais, para evitar estes actos vandálicos, o goberno local tamén comezará a realizar taller didácticos nos institutos para poñer en valor o patrimonio de Cambados e evitar actos tan prexudiciais.