O goberno local de Poio quere ubica-la piscina municipal na Seca

    lucianosobral_100_010207.jpgPOIO > Poio aspira a contar en breve cunha piscina municipal que estaría ubicada, se non hai impedimentos técnicos, na zona da Seca.

    Actualmente estase a redacta-lo proxecto e xestiona-los permisos para sacalo a concurso antes do verán. A zona elexida polo concello é A Seca, onde xa hai varias instalacións deportivas e onde se aspira a face-la gran área lúdico-deportiva do concello, tal e como anunciou hoxe o concelleiro de Deportes, Miguel Anxo Pazos, que estivo acompañado na presentaci´no deste proxecto polo alcalde, Luciano Sobral.

    Ó lado do mar

    asecapoio_300_010207.jpgO goberno local quere que a piscina esté ó lado do mar e integrada no entorno, polo que apostan por usar cristal, pedra e madeira, materiais xa usados noutras construccións do entorno. De tódolos xeitos o deseño farao a propia empresa que constrúa a obra e que xestionará a piscina, que medirá 25 metros e contará con vestiarios e salas de deportes. O alcalde de Poio está moi satisfeito coa posta en marcha deste proxecto que é o broche de ouro á recuperación da Seca, antes un vertedoiro e agora punto neurálxico do municipio.

    Redacción Salnés