Medra nun 1% a actividade no Porto de Vilagarcía en 2006

    portovilagarcia_100_010207.jpgVILAGARCÍA > A actividade no Porto de Vilagarcía medrou durante 2.006 un 1% respecto ó ano anterior. O descenso dos graneis líquidos foi o que determinou…

    …este aumento moderado no que as mercadorías que medraron foron as de maior valor engadido. Este aumento foi o que determinou que as xornadas de traballo medraran un 10% e os ingresos do porto un 19% respecto ó ano anterior.

    Esta tarde reuníase o consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía para avaliar o tráficoportovilagarcia_200_010207.jpg no Porto durante o ano pasado. Este ano bate o seu máximo histórico de movemento de mercancías a pesar do descenso dos graneis líquidos nun 9%. O aumento nos sólidos (nun 6%) e nas mercancías en xeral (nun 3%) foron os que determinaron o incremento global dun 1%.

    A actividade de 2006 foi valorada moi positivamente dende a Autoridade Portuaria de Vilagarcía que ten as esperanzas de consolidación postas para 2007 na ampliación de Ferrazo, nas novas concesións á novas empresas, na ausencia de incidencias laborais e no comezo este ano das obras de varias conexións terrestres, como a variante norte ou os accesos ó porto. O que se agarda é que o tráfico no Porto en 2007 se consolide para respostar ás demandas das empresas asentadas e das que poden vir no futuro.

    Redacción Salnés