A asociación Ría de Muros-Noia conta cunha nova web en constante actualización

LOUSAME> A Asociación Ría de Muros Noia conta cunha nova páxina web que ofrece información turística relativa ós cinco concellos que conforman a entidade. Trátase dunha páxina moderna, intuitiva e en constante actualización

A Presidenta da ARD Ría de Muros Noia presentaba esta mañá a nova web riademurosnoia.com que supón un novo paso na consolidación do xeodestino.

A principal característica deste portal é a permanente actualización incorporando información de interese, dirixida especialmente ós visitantes para que poidan planificar a súa estancia.

A web componse dun apartado instittucional, unha sala de prensa con enlace a redes sociais e información actualizada de recursos turísticos, restaurantes, aloxamentos e axenda.Aínda que xa está operativa, ó longo desta fin de semana incorporaranse novas entradas para que funcione a pleno rendemento de cara á Semana Santa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí