POBRA> Dende a ANPA pretenden que a consellería de Educación rectifique a súa decisión de reducir o número de docentes respecto ó curso pasado, ó pasar de 54 a 48.
Tódalas sinaturas recollidas en apenas unha semana, foron presentadas por rexistro no Concello, para facerllas chegar á consellería de Educación e mostrar así o seu malestar contra a redución en seis profesores sufrido no centro educativo para o presente curso.
Dende a ANPA entenden que esta medida significará aumentar a ratio do alumnado, como tamén a eliminación de varias materias na oferta educativa do centro, o que repercutirá negativamente no alumnado.
No escrito tamén solicitan unha reunión coa Xefatura Provincial de Educación para que lles expliquen os motivos destes recortes e trasladarlle tamén o seu malestar por esta decisión.