VILAGARCÍA > Cursos, talleres, viaxes…a xuventude de Vilagarcía disfrutou un ano 2006 cheo de actividades para os máis…
…mozos acadando un gran éxito en tódalas convocatorias. O primeiro semestre deste 2007 tamén se presenta axitado para os máis mozos. A concelleira de Xuventude de Vilagarcía, María Araujo falou esta mañá sobre o balance positivo da labor do seu equipo e repasou estas iniciativas. Uns 13.000 mozos participaron durante o ano 2006 das actividades da concellería de Xuventude de Vilagarcía.
O chamado ocio complementario foi un dos pratos fortes do pasado exercicio. “Aberto por vacacións” , “Escapada Navideña” , os cursos de monitores de ocio e tempo libre e as mostras de voluntariado foron algunhas destas ofertas No rural , 600 nenos participaron de iniciativas como “Xoga en galego” ademais de gozar das charlas, do coro ,ou o do teatro.María Araujo destacou o traballo en equipo e alabou a xestión da concellería.
O primeiro semestre dos 2007 preséntase tamén axitado para a mocidade vilagarcián. Este sábado a Mascarada Infantil coas súas caretas, maquillaxes, teatros e filloas despedirá os actos do Entroido en Vilagracía. En marzo comezarán dous cursos. Un de fotografía e outro adicado á danza oriental. Se vostede prefire as exposicións, a partir do sete ó trinta do vindeiro mes, o Prestige será o protagonista. Xa en abril Vilanatura, o lectorín e unha novidosa feira do cómic son algunhas das citas pendentes para a primeira parte do ano.
Redacción Salnés