Xoán León invita ó PP a reflexionar sobre o futuro urbanístico de Boiro

    xoanleon_100_220207.jpgBOIRO > O executivo levará ó próximo pleno a aprobación dos plans parciais contemplados no PXOM para evitar que resulten afectados pola lei de Costas.

    Segundo explicou o concelleiro de Urbanismo, Xoán León, a nova lei de Ordenación do Litoral afectará a todo o chan urbanizable e non consolidado de Boiro. A nova normativa introduce cambios substanciais nos plans parciais e áreas de reparto contemplados no planeamento urbanístico posto que, se non se aproban antes da súa entrada en vigor, poderían quedar afectados pola lei dos 500 metros.

    Para explicarlles estas situación, o concello está a manter diversas reunións cos veciños na procura de blinda-la edificabilidade actual e garantir o desenvolvemento urbanístico de varias zonas.

    Información sesgada

    O edil de Urbanismo explica que o executivo dedicouse a asesorar ós veciños informando sobre os coeficientes de edificabilidade e os custes de urbanización, tal e como establece a lei. Mentres tanto critica o papel adoptado polos grupos da oposición neste proceso que están a verter informacións sesgadas para confundir á opinión pública con fins electoralistas.

    Ademais os responsables do executivo boirés consideran ‘de extrema gravidade’ o feito de que o PP non vaia apoiar os plans parciais cando foron eles os que deseñaron o plan de ordenación urbanística. Por este motivo, invitan á oposición a relexión para non hipotecar o desenvolvemento urbanístico de Boiro.

    Haberá que agardar ó pleno previsto para primeiros de marzo para ver se saen adiante estas propostas. De non ser así, o executivo considera que o Partido Popular deberá explicar ós veciños e promotores as causas da paralización do desenvolvemento urbanístico do municipio.

    Redacción Barbanza