Expertos galegos analizan en Boiro os principais achados arqueolóxicos

    encontroarqueoloxiconeixon_100_260207.jpgBOIRO > O Centro de Interpretación de Neixón acolleu o I Encontro Arqueolóxico do Barbanza que espertou o interese de centos de afeccionados.

    Nas diversas poñencias analizouse a evolución dos castros de Neixón e os factores que permitiron a creación dun espazo cultural a partir desre enclave natural.

    A gran afluencia de asistentes, preto de 150, obrigou á organización a habilitar novas salas no centro arqueolóxico para que todo o público puidese seguir as distintas intervencións por videoconferencia. Este feito pon de manifesto a enorme relevancia deste primeiro encontro científico-divulgativo no que se fixo un repaso polos estudos arqueolóxicos en Galicia, centrándose fundamentalmente nos achados derivados das excavacións no castro de Neixón.

    En total, no encontro participaron unha vintena de especialistas en distintos eidos de xestión do patrimonio arqueolóxico. Entre eles, tres catedráticos de la Universidade de Santiago de Compostela que ocupan as Cátedras de Historia, Arqueoloxía e Historia Antigua, ademais de cinco investigadores do Centro Superior de Investigacións Científicas pertencentes ó Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.

    No encontro estiveron representadas empresas de xestión do patrimonio e da administración, que falaron sobre as estratexias e políticas de posta en valor dos bens patrimoniais en xeral, facendo especial mención ós existentes na comarca do Barbanza.

    O departamento de Cultura do Concello e os técnicos responsables do Centro Arqueolóxico de Neixón realizaron un balance moi positivo destas primeiras xornadas, tanto pola gran afluencia de público como a calidade das ponencias. O crecente interese pola xestión do patrimonio arqueolóxico fai pensar na organización de futuros encontros.

    Redacción Barbanza