O concello noiés actuará no edificio do antigo Café Español

    NOIA> A actuación, que se enmarca dentro do Plan Especial de Conservación do Casco Histórico, está valorada nuns cen mil euros, e será realizada polo concello de forma subsidiaria. Coa finalidade de evitar o progresivo estado de deterioro e abandono no que se atopan moitos edificios do casco urbano noiés, o equipo de goberno, a través da concellería de Casco Histórico, iniciou a comezos da actual lexislatura, un Plan Especial de Conservación do Casco Histórico, que busca a mellora daqueles inmobles antigos. Durante este máis de tres anos sucedéronse numerosas actuacións neste eido. Neste caso, no edificio do antigo Café Español, será o concello o que realice a actuación de xeito subsidiario atendendo a un ditame da propia Audiencia Nacional, onde os actuais propietarios do inmoble teñen unha causa aberta. As obras a realizar están valoradas en máis de cen mil euros e consistirán basicamente na demolición da cuberta e a súa posteror restitución, a substitución da carpintería exterior e a rehabilitación e pintado das fachadas.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí