BARBANZA> A área de Servizos Sociais inviste neste programa preto dos 500 mil euros, dando resposta ós 88 concellos con menos de cincuenta mil habitantes da provincia. Con este programa de teleasistencia domiciliaria que desenvolve a Deputación da Coruña, a través da área de Servizos Sociais, búscase promover o benestar das persoas maiores, persoas con diversidade funcional e dependentes. O servizo botaba a andar no ano 1999, aínda que foi nestes últimos anos cando experimentou un aumento progresivo na súa demanda, dando resposta ós 88 concellos da provincia con memos de 50 mil habitantes. Na actualidade a Deputación é o organismo que asume o custe íntegro do programa, cunha achega económica de preto dos 500 mil euros. Trátase en definitiva dun servizo que vén a dar seguridade e confianza ás persoas que máis o necesitan, permitíndolles poder estar en contacto con persoal especializado as 24 horas do día os 365 días do ano, axudándoos ante calquera situación de emerxencia que puidera ocorrer.
Inicio Barbanza - Muros - Noia