O polígono de Espiñeira aumenta a superficie para estacionamento e área de descanso

BOIRO> O concello de Boiro traballa na dotación de novas prazas e zonas de descanso no parque empresarial de Espiñeira.

O concello de Boiro está a actuar en dúas parcelas, correspondentes á primeira e á segunda fase do polígono de Espiñeira.  En total, contarase con  preto de 50 novas prazas que darán servizo ás numerosas empresas instaladas no polígono que xa acadou o 80 por cento de ocupación.

O importe total das obras achégase ós 80 mil euros financiados grazas a unha achega específica da Consellería de Economía para a mellora de parques empresariais.

A finalidade destes traballos é mellorar as infraestruturas viarias no interior do parque facilitando o tránsito habitual de vehículos e a carga e descarga de mercadorías.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí