Cruceiro de Bandourrío esixe a declaración de zona saturada de ruídos

    antonioangelgonzalez_100_230207.jpgRIBEIRA > A zona de Bandourrío rexistra cada fin de semana unha buliciosa actividade xa que alí se concentran gran parte dos locais de ocio nocturno.

    Por este motivo, a Asociación de Veciños ‘Cruceiro de Bandourrío’, que leva anos loitando por restrinxi-la apertura deste tipo de establecementos, solicitou ó concello a declaración de zona saturada de ruídos.

    No caso de facerse efectiva, esta declaración introduciría unha serie de cambios na zona, como a prohibición de equipos de son de alta potencia, a necesaria insonorización de tódolos locais e incluso o peche dalgúns establecementos.

    A asociación de veciños ‘Cruceiro de Bandourrío’ leva reclamando esta declaración dende o ano 2004, sen que ata o momento obtivese unha resposta satisfactoria do goberno local. Neste proceso, conta co respaldo do Valedor do Pobo que xa ten solicitado ó concello os informes de impacto ambiental neste barrio.

    bandourrio_200_230207.jpgÁ espera dunha resposta por parte do executivo, os veciños non confían demasiado na actuación municipal.

    Polo momento, o concello xa expresou a súa vontade de estudar esta petición cando se leve a cabo a modificación do Plan Xeral de Ordenación Urbanística. Mentres tanto, os veciños das zonas de Espartero, Praza de Vigo, Pombal e Bandourrío, terán que seguir soportando cada fin de semana as molestias derivadas da actividade nocturna.

    Redacción Barbanza