A mellora do pavillón de Venencia complementarase con novos vestiarios

    melloraspavillonvenecia_100_260207.jpgPOBRA > Unha vez rematadas as obras da cuberta do pavillón de Venecia, o executivo iniciará o arranxo dos actuais vestiarios e a construción duns novos.

    O alcalde, Isaac Maceiras, acompañado do concelleiro de Deportes, Xosé Manuel Rodríguez, e o responsable da empresa Talleres Martelo, achegouse ata o pavillón polideportivo de Venecia para comproba-lo estado no que quedaron as obras que se estiveron desenvolvendo nos últimos meses nesta instalación co fin de mellora-la súa cuberta e eliminar así os problemas de filtracións existentes.

    Ó mesmo tempo tamén se instalaron 426 novos asentos nas gradas. As dúas atuacións tiveron un custe duns 67 mil euros.

    Aproveitando a visita o edil de Deportes informou doutra actuación que se inicará en breve nesta instalación como é o caso da mellora dos actuais vestiarios e a construción dun novos.

    Un proxecto que conta cun orzamento duns 50 mil euros e un prazo de execución de dous meses aproximadamente. A obra sera realizada pola empresa Talleres Martelo, a mesma que estivo desenvolvendo tamén a mellora da Cuberta deste pavillón polideportivo.

    Mellores infraestruturas deportivas

    O alcalde, Isaac Maceiras, incidiu no traballo que está a desenvolve-lo actual equipo de goberno na mellora de tódalas instalacións deportivas existentes no municipio.

    Así destacou as obras que se están a desenvolver no Estadio da Alta, no campo de fútbol do Xobre e nas diferentes pistas polideportivas existentes nas distintas parroquias, así como a consecución da tan ansiada piscina municipal, unha vella demanda dos veciños deste municipio e que agora xa é unha realidade.

    Redacción Barbanza