NOIA > A Garda Civil dou por concluída a operación antidroga denominada ‘Colmena’ trala detención de oito persoas esta fin de semana.
A operación policial iniciouse en abril do pasado ano con varias detencións practicadas na provincia da Coruña. A partir de entón, o Equipo de Delincuencia Organizada e Antidroga pertencente á Policía Xudicial da Garda Civil da Coruña abriu unha investigacións en colaboración co Xulgado de Instrución Número 2 de Noia.
As pescudas dos axentes permitiron descubrir unha confusa rede de contactos e negocios ilegais que culminou coa detención dun total de 22 persoas dende o pasado mes de decembro. Dezaoito dos detidos xa pasaron por prisión e a maioría permanecen nela mentres que outros xa foron postos en liberdade con cargos ou baixo fianza, segundo o seu grao de implicación.
Ademais da venda de substancias estupefacientes en Vilagarcía, esta rede subministraba mercancía a outras provincias de España como Cádiz, Valladolid, León, Vitoria ou Salamanca.
Nos rexistros efectuados, a Garda Civil incautouse de 4 quilos de cocaína e 260 gramos de heroína, cantidades notablemente inferiores ás cantidades que movía o clan de Vilagarcía, de aproximadamente cen quilos anuais cuns ingresos en torno ós 3’5 millóns de euros.
Ademais da droga, os axentes interviñeron varios útiles para manipula-las substancias o que evidencia que eran os propios imputados os que cortaban a droga procedente dos países produtores. Deste xeito, os membros da rede obtiñan unha maiores ganancias.
De feito, os axentes puideron constatar que os detidos, de idades comprendidas entre os 19 e os 35 anos, levaban un nivel de vida moi elevado posto que manexaban importantes sumas de diñeiro e posuían artigos de luxo, entre eles coches de gama alta e motos de gran cilindrada.
Aínda que o operativo xa se atopa practicamente pechado, a Garda Civil procederá a un exhaustivo análise da documentación intervida, á espera de obter máis datos desta operación.
Redacción Barbanza