O PP solicita no Parlamento a derogación do proxecto da variante interior

manifestacionnoia_100_120307.jpgNOIA > Centos de persoas volveron a manifestarse polas rúas de Noia esta pasada fin de semana para protestar contra o trazado da variante interior.

Minutos antes da mobilización, o responsable da plataforma veciñal, Julio Bustelo, compareceu ante os medios acompañado por varios representantes do Partido Popular. o voceiro de infraestruturas do PP galego, Alejandro Gómez, informou da presentación dunha proposición non de lei no Parlamento solicitando a derogación do proxecto da variante interior e que se retome o anterior trazadi deseñado polo goberno dos populares na Xunta de Galicia.

Tamén compareceron na rolda de prensa o alcalde noiés, Antonio Pérez Insua, e o deputado parlamentario, Manuel Ruíz, que reiteraron o seu apoio á plataforma veciñal en contra do trazado da variante interior.

O rexedor local xustificou a súa oposición a este proxecto posto que, ó seu entender, non artella o territorio, tan un gran impacto urbanístico e medioambiental e non da solución ó problema de tráfico e comunicacións que sufre o concello.

Pola súa banda, Manuel Ruíz, considera que a oposición inicial ó trazado proposto polo anterior goberno da Xunta respondeu a un intento por parte dos socialistas de desgastar o goberno popular. Agora, sen embargo, transcorridos dous anos daquela o proxecto segue paralizado sen que se busque unha alternativa razoable para Noia.

Xuntanza coa Conselleira

Precisamente, na busca desa posible solución, os veciños afectados volveron solicitar unha entrevista coa Conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, para coñecer as vantaxes do proxecto deseñado polo seu departamento.

O portavoz do colectivo anunciou que rexeitarán calquera xuntanza co delegado provincial ou outros responsables da Consellería. A intención da plataforma é plantexar as súas dúbidas á titular de Obras Públicas como os motivos de anular o proxecto da ponte sobre a ría en Noia mentres se segue adiante co proxecto en Outes que tamén discurre a través da Rede Natura.

Redacción Barbanza