POBRA> O bo tempo existente e as ganas de competir foron a tónica xeral dunha proba que reuniu a uns 261 atletas chegados dende diferentes clubs de toda Galicia.
En xogo o Campionato Galego na modalidade sprint.
Organizado polo Club Artrogal en colaboración coa Federación Galega de Triatlón e o propio concello da Pobra, a proba volvía ó calendario despois de varios anos sen disputarse por mor da pandemia.
Os atletas participantes iniciaron a competición na praia do Areal, coa proba de natación, cunha lonxitude duns 750 metros. De aí 21 quilómetros en bici, para rematar coa carreira a pé, de cinco quilómetros.
Na proba absoluta masculina a vitoria foi para Andrés Cendán do Cidade Fluvial de Lugo cun tempo de 1:00:45. Por detras del a apenas oito segundos entraron Iago Lorenzo e David González.
En canto á categoría feminina a vitoria foi tamén para a triatleta do Cidade Fluvial de Lugo Ainoa Gontán que parou o cronómetro n aliña de meta en 1:09:33. En segunda posición entrou Ana Santiso a algo máis dun minuto, completando o podio Isabel Fernández.
A competición, que se desenvolveu sen incidentes de consideración, tivo tamén un amplo seguimento de público, ó desenvolverse na súa ampla maioría pola zona portuaria e o paseo marítimo do Areal, habilitando o recheo coma zona de transición.