Alfonso Castro substitúe a Felipe Ordoñez á fronte da ARE

    O empresario elixido esta pasada fin de semana coma novo presidente da patronal rianxeira. A súa candidatura, a única presentada, recibiu o apoio unánime dos socios. Varios días despois da súa toma de posesión coma novo presidente de ARE, Alfonso Castro xa está a traballar arreo nos novos proxectos da entidade. Por diante quédanlle importantes retos que cumprir, un deles é a dinamización de dous sectores económicos importantes na vila, como son o empresarial e o comercial. Un dos seus principias retos pasa pola reactivación, coa colaboración do concello, do parque empresarial de Té. Outro dos frentes abertos será a elaboración dun novo PXOM, unha ferramenta segundo el indispensable para o desenvolvemento futuro do concello. O fomento do comercio local será tamén outro dos seus eixos de traballo, así desenvolveranse diferentes campañas ó longo do ano, de cara a revitalizar este sector tan importante para a vila. Dende a ARE tratarán tamén de potenciar novos servizos para o socio, como pode ser o asesoramento xurídico ou financieiro, coa finalidade de que a afiliación á asociación sexa atractiva, e así tratar de chegar ós 200 socios. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/11/novopresidenteare1103141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/11/novopresidenteare110314.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí