RIANXO> A melloría nas contas da entidade foi posible grazas ó aumento da facturación en lonxa. A mala situación económica levou a dirección da Confraría de Pescadores de Rianxo a iniciar en novembro de 2015 un expediente de regulación de emprego. A medida daquela afectou ós once traballadores do pósito, que viron reducida a súa xornada laboral e tamén os seus soldos. Segundo explicou o propio patrón maior, Miguel Ángel Iglesias, a situación económica do pósito mellorou considerablemente, grazas ó aumento da facturación en lonxa superando os 3’4 millóns de euros, o límite establecido. Segundo Iglesias a medida tomada no seu día foi difícil, pero resultou crucial para poder superar a situación case de quebra pola que atravesaba a Confraría, derivada fundamentalmente da caída dos ingresos pola baixa no prezo do marisco e tamén pola escaseza de recurso.
Inicio Barbanza - Muros - Noia