O PSOE demanda a recuperación ambiental da praia da Corna

    psoepobra_100_120307.jpgPOBRA > O PSOE da Pobra presentou un proxecto para a recuperación ambiental da praia da Corna debido ó seu lamentable estado de abandono.

    Os membros do grupo socialista da Pobra mantiveron recentemente un encontro co máximo responsable da Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil, durante o cal lle plantexaron a idea de levar a cabo esta actuación que permitiría a recuperación desta zona, mellorando o seu aspecto actual, coa limpeza e a dotación de novos servizos.

    mellorasnacorna_200_120307.jpgEntre as accións que segundo os socialistas se poderían realizar no areal figuran a restauración dos camiños existentes, a recuperación da zona dunar, a instalación de novos accesos para os peóns mediante pasarelas de madeira e a restricción da entrada de vehículos.

    Os socialistas pobreses criticaron tamén ó actual equipo de goberno por permiti-la degradación deste espazo público de gran valor ecolóxico e medioambiental, máxime cando segundo eles, se está a facer unha decidida aposta polo sector turístico na comarca do Barbanza.

    Redacción Barbanza