Outes verá ampliado o longo deste ano o servizo de Xantar na Casa

OUTES> Outes verá ampliado o longo deste ano o servizo de Xantar na Casa que ofrece a consellería de Política Social. Así o confirmou o alcalde, Manuel González. A medida beneficiará a uns vinte veciños da localidade.

Un servizo como o Xantar na Casa que ofrece o consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar da consellería de Política Social antóllase cada vez máis necesario para atender ó progresivo avellentamento da poboación, máxime en concellos coma Outes, cunha ampla dispersión.

O executivo local, en aras de garantir un maior benestar para os seus maiores, que en moitos dos casos viven sós, decidiu solicitar a ampliación deste servizo, que pasará dos dez usuarios actuais ós vinte.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí