EU presenta a Juan fajardo como candidato á alcaldía vilagarciana

    juanfajardo_100_120307.jpgVILAGARCIA > Juan Fajardo repite candidatura de EU á alcaldía de Vilagarcía. Logo de catro anos de presenza no goberno local como único…

    …representante de EU, o reto pasa por aumentar significativamente o número de votos o viondeiro maio. É a primeira vez, segundo asegurou Fajardo durante o acto da súa presentación, que EU se marca como obxectivo gobernar Vilagarcía.

    Juan Fajardo é de novo a aposta de Esquerda Unida de Vilagarcía á alcaldía. Mariano Ibáñez, representante local, foi o encargado de presentar ó candidato, que agradeceu o respaldo da que considera é a mellor organización política do municipio. Explicou que se apostou pola continuidade do candidato porque na cidade aínda está por facer todo o que EU plantexou hai 8 anos.

    Obxectivo

    Segundo Fajardo, por primeira vez, Esquera Unida preséntase ás eleccións co obxectivo de gobernar. As liñas de traballo municipal serán a mulleres, os xóvenes e os traballadores. Un dos piares da súa política é a vivenda. O outro eixo da súa política serán os servizos sociais, respecto ós que destacou a importancia de que Vilagarcía conte cun Centro de Día e unha gardería aberta as 24 horas, para poder conciliar a vida laboral e familiar.

    Fajardo asegurou ter a confianza en que os vindeiros gobernos municipais estarán condicionados polas posicións de Esquerda Unida, que buscará sempre o ben da cidadanía. Tamén recordou as alianzas que durante esta lexislatura asinaron o PSOE e IVIL, para postular a Esquerda Unida como a única garantía de que en Vilagarcía goberne un partido de esquerdas.

    Redacción Salnés