A lonxa de Porto do Son estrea fábrica de xeo grazas a unha achega da Consellería do Mar

PORTO DO SON> O Conselleiro do Mar visitou a lonxa de Porto do Son onde se vén de poñer en marcha unha nova fábrica de xeo. Esta instalación supón unha importante mellora nas condicións de traballo dos usuarios que ata agora tiñan que desprazarse ata Portosín ou Ribeira para dispoñer deste servizo.

O investimento de máis de 600 mil euros por parte da Consellería do Mar permitiu dotar á lonxa de Porto do Son dunha fábrica de xeo, un servizo esencial que supón unha importante mellora das condicións nas que traballan os seus usuarios.

Para poder facerlle fronte ós elevados custos eléctricos, dende a confraría trasladaron a necesidade de instalar placas solares na cuberta. Demanda que o Conselleiro recolleu co fin de contribuír ó mantemento das instalacións portuarias sufragando parte do gasto corrente da confraría.

Ademais destas actuacións, a Consellería do Mar subvencionou a adquisición dunha carretilla elevadora, dúas semicabinadas e dous transpalets eléctricos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí