Enrique León presenta a súa candidatura á alcaldía ante a militancia socialista

    enriqueleon_100_120307.jpgVILAGARCIA > Onte presentouse oficialmente a candidatura do PSOE de Vilagarcía liderada por Enrqiue León. O acto estivo apradriñado polo presidente…

    …da Xunta, Emilio Pérez Touriño e nel estiveron presentes alcaldes e candidatos socialistas da comarca. León destacou a necesidade de facer de Vilagarcía un modelo de cidade e Touriño sinalou a renovación da candidatura socialista como garantía para acadar de novo a alcaldía.

    Enrique León estivo onte respaldado, na súa presentación oficial como candidato á alcaldía vilagarciana, polos membros da súa lista e o presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño.leontourio_200_120307_1.jpg

    Enrique León destacou a necesidade de consolidar o acadado ata o de agora e de facer de Vilagarcía un modelo de cidade. Modelo de convivencia, de esforzo, de cohesión social e urbanismo. Leon tivo tamén palabras de loubanza para quenes o acompañan na lista e definiu os piares da que será a súa camapaña electoral.

    Infraestructuras

    Pola súa banda, o presidente da Xunta; Emilio Pérez Touriño resaltou a elección de Enrique León como candidato, xa que é unha opción segura que garante unha liña de continuidade á vez que representa un novo horizonte. Pérez Touriño aproveitou á sía visita a Vilagarcía para anunciar o compromiso de resolución dos problemas do leito do río do Con que provocaron as riadas do pasado novembro, que contará cun orzamento cercano ós 8 millóns de euros.

    Tamén anuncio que no verán de 2008 estará xa en servicio a nova Autovía do Salnés que vén a substituir á actual vía Rápida. Respecto á reapertura desta, o presidente da Xunta marcou en 15 días a data límite para que teña abertos tódolos seus tramos á circulación.

    No acto estiveron presentes ademáis, o alcalde Sainte, Javier Gago; a presidenta do parlamento de Galicia, Dolores Villarino; o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o de A Illa, Manuel Vázquez e os candidatos socialistas de O Grove ou Pontecesures, José Cacabelos e Luis Sabariz, respectivamente.

    Redacción Salnés