Máis de mil nenos viaxarán en avión grazas á Deputación de Pontevedra

    nidia_omeuprimeirovoo_100_140307.jpgPONTEVEDRA > Pasarán o día en Madrid, acompañados por un guía que lles ensinará os lugares de máis interese, o Zoo e o Museo do Prado.

    O Programa da Deputación ‘O meu primeiro voo’ levará en avión a Madrid a máis de mil estudantes do 1º ciclo da ESO dos centro públicos da provincia, para que poidan coñecer a capital durante un día e, en moitos casos, voar por primeira vez.

    A actividade levarase a cabo martes, mércores e xoves de marzo, abril e maio (agás Semana Santa e pontes). A primeira viaxe será o mércores 28 de marzo. Para confirmar a súa praza, o centro escolar deberá realizar un ingreso do total dos alumnos. Durante a súa estancia na capital, os rapaces coñecerán lugares emblemáticos de Madrid grazas os servizo dun guía que os levará a coñecer a Catedral da Almudena, a Praza Maior, a Porta do Sol, o Museo do Prado, a estación de Atocha, o Retiro ou a Porta de Alcalá, ademais do zoo-Aquarium.

    Tamén están preparadas outras actividades opcionais para as que habería que aboar unha contía a maiores. Entre as propostas está o Parque Warner Bros (25,5 euros), o Museo de cera (8 euros), Cine Imax+Museo das Ciencias (8 euros) e entrada ó Parque de Atraccións (21,1 euros). Por cada 20 estudantes que viaxen, haberá 1 profesor. Ó programa poderanse adherir tódolos Concellos da provincia que o desexen e os estudantes de 1º ciclo da ESO dos centro públicos. A Deputación aportará 30 euros por escolar, o Concello 20 e o rapaz os 50 restantes.

    Redacción Salnés