O Concello saca a concurso dous novos aparcamentos soterrados

    aparcamentosanxenxo_100_140307.jpgSANXENXO > O Concello promove a creación de 600 novas prazas de estacionamento no municipio. O goberno local anunciou …

    … no Diario Oficial da Unión Europea a convocatoria para contratar a construcción e xestión de dous aparcamentos soterrados, un en Sanxenxo e outro en Portonovo.

    O Concello de Sanxenxo promove a construcción de dous aparcamentos subterráneos. Un deles estará situado no núcleo de Sanxenxo, na Rúa Constitución, entre a Avenida de Madrid e o Parque da Panadeira, mentres que o outro estará na zona de Camiño da Perla, a uns 50 metros da Praza do Enxido en Portonovo. Cada equipamento albergaría 300 novas prazas de estacionamento, reservando o 60 por cento, unhas 180, para persoas que acrediten residencia ou exercicio de actividade profesional ou comercial nas zonas. Tamén se implantará un sistema de abonos con tarifas bonificadas para comercios emprazados nas áreas de influencia dos aparcamentos.

    No prego de condicións establécese que os adxudicatarios deberán asumir o custe da redacción dos proxectos e estudos precisos, máis o da realización das obras. O prazo de execución será de 15 meses. Ademais, deberán consignar unha contía de 35.000 euros para o proxecto de execución de superficie e da zona afectada pola reurbanización, a dirección e supervisión dos traballos. O documento indica tamén que a concesión administrativa será de 50 anos e que se abonará ó Concello de Sanxenxo un canon anual de explotación.

    Redacción Salnés